Información General

Inicio >>Promoción da cooperación empresarial>>Servizos

Con máis de 450 millóns de consumidores, a UE é o maior mUEercado interior do mundo en termos de oportunidades comerciais. A supresión da maior parte dos obstáculos aos intercambios e a instauración de normas comúns para facilitar o funcionamento do mercado interior contribúen ao establecemento dun contorno moi favorable para a actividade comercial.
Se a súa empresa desexa encontrar un socio para desenvolver as súas actividades no mercado europeo, pode dirixirse á nosa rede. A Enterprise Europe Network está composta por máis de 600 organizacións e presente en 40 países.
Os centros están conectados entre si e dispoñen dunha base de datos da UE común de cooperación. Coa axuda da súa rede máis próxima, a súa demanda ou oferta de cooperación empresarial será rapidamente difundida por toda Europa. Os servizos que lle facilitamos a través da rede son os seguintes:

  • Xestión de ofertas e demandas de cooperación propostas por empresas do territorio que abrangue o Consorcio Galactea Plus.
  • Difusión de ofertas e demandas de cooperación que teñan como obxectivo o mercado do noroeste peninsular.
  • Promoción de encontros empresariais.
  • Información sobre mercados europeos.
  • Asesoramento sobre aspectos relacionados coa cooperación empresarial.
pie
Galactea-Plus, MMVIII | Aviso legal | Disclaimer | Contacto |CIP Explorador recomendado: Firefox desde 1.5 IE desde 7.0 IE 9.24