Información General

Inicio >> ¿ Que é Galactea-Plus?

En xaneiro de 2008, a Comisión Europea presentou unha nova rede de apoio ao tecido científico-empresarial de Europa á que denomina Enterprise Europe Network.

A Enterprise Europe Network está formada por preto de 600 organizacións en máis de 40 países que, desde unha perspectiva local, promoven a innovación e a competitividade das empresas europeas, o que a converte na rede máis extensa de inforEENmación e asesoramento ás empresas en temas europeos.

A rede, que integra os servizos que prestaban as redes de Centros de Enlace para a Innovación (IRC) e os Euro Info Centros (EIC) e permitiu a incorporación de novos centros de servizos, estruturouse en nodos cunha cobertura xeográfica determinada e que traballan de forma coordinada, para ofrecerlles aos seus usuarios unha ampla gama de servizos profesionais personalizados.

Os servizos están deseñados pensando especialmente nas pemes, pero tamén se dirixen a todas as empresas, aos centros tecnolóxicos e ás universidades de Europa.

Galactea-Plus é o nome do consorcio que dá cobertura ao noroeste do Estado, concretamente ás comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.

pie
Galactea-Plus, MMVIII | Aviso legal | Disclaimer | Contacto |EUCIP Explorador recomendado: Firefox desde 1.5 IE desde 7.0 IE 9.24