Contribuír á consolidación da Enterprise Europe Network como rede profesional de apoio ás empresas colaborando coa Comisión Europea e promovendo sinerxías entre os socios.
Mellorar a posición das empresas do noroeste de España no mercado interior europeo.
Incrementar a competitividade das empresas do noroeste de España a través do fomento da innovación e a cooperación tecnolóxica.
Aumentar o número de socios do noroeste español nas propostas de programas europeos e en particular no VII Programa Marco.